Querida máquina de escribir:
Deben facer máis de 10 anos que non escribo contigo. A aparición do ordenador fíxoche sombra pese a que tampouco teño impresora no PC, igual por algo do subconsciente. O caso é que quero agradecerche todo o tempo que tiveche que agardar e ser paciente ata este momento, tras todos estos anos esquecida.
A tí déboche a soltura que hoxe poda ter á hora de teclear, e pese a que pasei moitas mañás de sábado amargado... agora non me arrepinto de todo o tempo que pasei contigo. Todas aquelas horas de transcrición de textos. Aqueles días de folios cheos de letras simples... e os paseos coa tua caixa negra que tanto pesaba.
Tentarei que a próxima vez que nos vexamos non sexa dentro doutros 10 anos, pero mentras tanto non me botes de menos... segue ti soa a ler as historias que che quedaron grabadas, sen tinta... e con ese pequeno tintineo mecánico que tanto boto de menos.
[unha anotación de dorfun, para o intercambio de bitácoras]

2 Aportacións dos visitantes:
Uh, hai catro ou cinco anos, tiven que mandar unha carta e, como tiña a impresora cascada, púxenme diante da Olivetti a teclear. Meu deus, só eran catro liñas ¡e tíveno que repetir dezasete veces!
Hai que ver como se acostumbra un ó boton de borrar.
Por certo (agora que teño que poñerche o "tlyfwzke"), un marron o do bot; non sei como funciona blogspot, en blogsome bloquéaos automaticamente e avísate no correo. O único problema que tiven eu foi borrar os trintaedous correos notificando que se bloquearan outros tantos spam clónicos.
Por Anónimo, ás 19/5/06 17:09
...o texto desta anotación foi escrito realmente coa máquina da foto (tentado estiven de mandarlle a ghanito o papel impreso)... e o que máis notei foi a forza que tiña que facer para escribir...
Por dorfun, ás 19/5/06 19:36
Enviar um comentário
<< Home