Apocalipse do porco

15 maio 2006

I Concurso pop rock Musicali A!

A concellería da Xuventude de Vigo e a Sala A! organizan o primeiro Concurso Pop Rock MusicaliA! dirixido a grupos musicais deste estilo de Galicia e Portugal. O 15 de xuño é a data límite para a recepción de maquetas que se remitirán á Casa da Xuventude ( Rúa López Mora,31)

Os grupos seleccionados actuarán a partir de setembro en concertos que se celebrarán na Sala A! os venres . No mes de xaneiro de 2007 coñecerase o nome dos tres finalistas e no mes de febreiro desenvolverase a final do concurso.

Os premios aos que optarán os grupos participantes son
10.000€ para o primeiro clasificado
5.000 € para o segundo e
2.500€ para o terceiro, en material musical e ata o 25% en metálico.

Atopado en arredemo e fusilado de xornal.vigo.org.

Mágoa que non rescataran o vello nome de Vigo en Vivo de tan grato recordo. Xa me contarán os corresponsais vigueses que tal resulta.

Non comprendo que na rede non aparezan case referencias ó Xose Otero, o locutor da Radio Ecca-Vigo pai ideolóxico da Kanteira. se cadra non pescudei como debera. O que si atopei con facilidade foi a páxina do Maketón e nela fotos coma esta que aquí deixo.

Parecen un par de paiasos, e abofé que son. Son dous dos Tronka Jazz Quartet, que presentaran unha gala dos premios do Maketón.

3 Aportacións dos visitantes:

  • Uf, moito me deu que facer a Sala A! unha vez para un concerto. Non daba atopado enderezo nin telefono nin nada.

    Benvidas sexan estas iniciativas, estamos moi faltos delas.

    Por Anonymous Anónimo, ás 16/5/06 08:39  

  • Ganito, estou de acordo contigo en que debería chamarse Vigo en vivo, polo menos a xente da nosa xeración o lembra con nostalxia, e con respecto o de Xose é unha inxustiza absoluta, él é o Gran Gurú da música maqueteira deste país, e me quedo curto.
    En fin Bicos A todos

    Por Anonymous Anónimo, ás 16/5/06 09:21  

  • empezais a tener años los de vuestra generación.os ataca la nostalgia ,y os contais batallitas .semita.

    Por Anonymous Anónimo, ás 16/5/06 21:29  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com