Apocalipse do porco

16 maio 2006

A voltas co termo "gallego"

Moito se falou no blogomillo das definicións que do termo "gallego" aparecen no dicionario da RAE.

O que non vin que ninguén comentara foi algo que se me ocorreu agora mesmo escoitando nas quimbambas, na Radio Galega, unha entrevista a un cubano:

As mais das veces o termo gallego, cunha connotación negativa é un americanismo, dun ou doutro pais da Latinoamérica.

¿Como chaman nesas terras maioritariamente ós españois?

¿Non era gallegos?

1 Aportacións dos visitantes:

  • non caira eu!
    pois vai ter razón... :)

    o pai dunha miña tía da arxentina, salmantina ela, seica se cabreaba cada vez que lle chamaban gallego :D

    unha aperta

    Por Blogger Nemeth, ás 17/5/06 01:35  

Enviar um comentário

<< Home


 
ecoestadistica.com