Apocalipse do porco

28 fevereiro 2006

Entroido

Hoxe é martes do entroido.

Este ano non saín disfrazado, pero hai anos saía seguido.


Nesta fotografía pódeseme ver algo desmellorado na compaña de outros amigos.


Unha Santa Compaña de andar por casa.

David Rubin en Banda Deseñada!


Como vedes no cartaz, este sábado ás seis David Rubín asinará os seus exemplares na tenda Banda Deseñada!, na rua Cataluña en Vigo.

Ollo é ás 18, non vaiades á mañanciña cando voltedes de troular.

¿Onde está tomada está fotografía?


Xa podedes ver que Turuto, o meu artista convidado, tivo o bo xesto de enviarme duas imaxes para cambiar a cabeceira. Esta é a primeira.

Agardo de vós que acertedes logo onde está. É moi doada de ver.

A outra, se ninguén ten outra suxestión mellor, xa a veredes.

Agardo as vosas respostas e mais novas suxestións para a cabeceira.

Remato dando grazas, como sempre, a Turuto. O autentico luxo da equipa deste blog.

27 fevereiro 2006

Enquisa

A imaxe da cabeceira é unha imaxe do pasado.

E bo lembrar o pasado, pero non é tan bo quedar no pasado.

¿Que imaxe quereríades poñer para sustituila?

Estas non son suxestións, son só bonitas.

¡I están sacadas as dúas dende a mesma casa!




¡Ai, a envexa! ¡Que mala que é!

crédito, fama

Non se me pasou pola cabeza poñer aquí a licenza Creative Commons, sería presuntuoso que eu pensara que á xente podía interesarlle copiar o meu trabalo. Penso que nin sequera tiña lido enteira a licenza.

Concordo moito ca filosofía de compartir na rede, ainda que entendo que tamén hai que vivir. Se non traballara noutra cousa, se cadra dábame de alta na SGAE (xa sabedes, Sempre Gañan Alguns Euros) Cousa ben distinta sería acadar que alguén pagara polo meu traballo. ;)

O que defendo, i é parte da idea do Creative Commons, é a idea de respeitar a fama, de dar crédito á obra dos outros.

Isto ven a conto dun despiste:
O amigo Aspirino BCN, no seu blog mundo toleirán tivo o bo gosto de poñer unha imaxe miña.
Mais esqueceu dar o crédito ó que fixera o traballo. Neste caso, eu.

Gostei moito de que usara a miña imaxe, fastidioume que non puxera unha ligazón para que a xente puidera ver o meu traballo e soubera co fixen eu. Se a el gustoulle algo na miña páxina, se cadra, outro atopa algo interesante tamén.

Todo isto remata en que Aspirino BCN engadiu a ligazón, desculpouse, e agora eu son o que queda obrigado, teño que dar grazas pola visita e pola cita. Supoño que non pensou que eu lle puidera dar importancia.

Se algún gusta de algo nesta páxina, pódeo reproducir ou modificar como queira sempre que faga o favor de dicir onde o colleu e sempre co faga sen vendelo. Isto ven sendo un resumo moi breve da licenza creative commons

26 fevereiro 2006

IBSN

As veces, semella que temos moito tempo para cousas sen interese e pouco para as cousas que pagan a pena.

Non o nego.

A última perda de tempo é o IBSN Internet Blog Serial Number, non sei que sirva para nada, pero hai que ter un, ¡non vaia ser o demo!

Bo, xa teño o meu:

Algún, se cadra, decatouse de que non é un numero ó chou.

25 fevereiro 2006

Embaixador


Esta foto está roubada dun libro de Magar, fotografo do Faro de Vigo.

É do embaixador de España no Vaticano. Xa ten 20 anos, é dun partido entre o Celta e o Deportivo en Riazor.

Daquela ainda non soñara con traballar no Vaticano, por iso non tiña problema ningún en aparecer así.

A foto non se ve ben porque tomeina co telefono dende o libro. Xa no orixinal non ten moita nitidez. Supoño que a sacaría dende o campo cun teleobxetivo.

Se algún a quere ver ben que lle merque o libro. (recomendado só para xente de Vigo, que coido que desfrutarán)

24 fevereiro 2006

Mais xaponeses

A requerimento popular, procederei á distribución de mais fotos destes frikis xaponeses.

Non estou a dicir que nós non sexamos frikis, ¡ollo!
Sen ir mais lonxe, non sei se coñeceredes a festa do monte Santa Tegra , n´A Guarda. Teóricamente, unha romaría popular (relixiosa), na actualidade a desculpa para que unha chea de xente suba o monte bebendo e vaixe a rebolos, ou como moito a catro patas.

Bo, o que iamos:

o amigo junku, ten varias temáticas fotográficas no seu flickr. Eu cheguei saltando, coma os seus gatos voadores mais tamén ten flores e outro temas.

Déixovos aquí ó lado a foto do xenuino "Tigre Asiático"

23 fevereiro 2006

Chegando á miña casa

Onte puñame pesado contando cousas da miña nenez, e falaba un chisco tamén da radio.

Viña todo isto co conto do aniversario que hoxe se rememora. E non digo que se celebre porque...

Hai 25 anos un toureiro (como dixo algunha prensa fora de España) entrou no Congreso a tiros.

Cando eu chegaba á casa, despois da escola, a miña nai estaba alí, e isto hai que dicilo, porque hoxe, os rapaces teñen a desgraza de que ningún dos seus pais está na casa para atende-los.

Cando pasaba o ferro facíao nun pequeno cuarto, nun recuncho da casa que chamabamos o cuarto de costura. Non cosía alí, pero si que tiña todo o que utillizaba para coser. O cuarto é moi pequeniño e só cabia ela ca taboa. Ó lado da fiestra puña o transistor, aquel transistor que daba o son á mañán. Aquela tarde estaba aburrido, unhas voces monótonas saían do transistor i eu xogaba alí ó lado.

Como xa sabedes, entraron a cachón e interrumpiron a monótona votación, non lembro iso, i é estrano, porque lembro moi ben o sol que había e onde estaba aquel día o transistor. Metéronme na cama cedo, coma sempre, ¡non coñezo ningún neno hoxe que se deite ás nove e media!
Ó día seguinte houbo televisión á mañán: ¡20.000 leguas de viaxe submarina en debuxos animados! É do que mellor lembro do tal día.

Na escola puñámonos en fila á porta da aula ata que o profesor abría.
Aquel día todos chegaron tarde, con cara de durmir mal. Ainda así foi un dia bastante normal.

Na miña casa non lembro medo, ainda que eu era moi neno e tampouco me contarían supoño.

E iso foi todo, sei que na casa de outra xente pasaron medo, e mesmo prepararon a equipaxe para viaxar a Portugal (que o conten eles se queren).

Para rematar, contarei que hai unha persoa que hai 25 anos estaba cumprindo anos.

Fastidioulle a festa aquel toureiro e mesmo quedou sen soprar as velas.

Almu, non teñas medo, hoxe non has ter problema...a non ser, que xa tes un ano mais, claro.

¡Parabéns!

22 fevereiro 2006

Daquela, a radio...

Cando neno non comprendía como podía vivir a xente cando non había televisión. E pensade que aquela non era a televisión que temos hoxe.

¿Lembrades cando Jesús Hermida fixo o primeiro programa de mañán? Xa non eramos tan nenos entón. E o corte da emisión despois de xantar, lembro algún día agardando fronte ó televisor a que rematara a carta de axuste e comezara a programación infantil.

A miña nai escoitaba sempre a radio, ainda hoxe o fai. As mañáns sempre tiñan ese son, o pequeno transistor na cociña, a miña nai chamando por nós co almorzo quente xa na mesa.

Ó serán, mentras xogaba, escoitaba "ideas a las 7" con Alfonso López ¡na COPE! (a canle 2, en Vigo era o que no resto do pais RNE3, música nova de calidade) e ás veces á noite "musical cassette", unha hora de musica que os ouvintes pedían por carta, ¡parando á media hora para darlle a volta á cinta! (tempo despois enterámonos de que os primeiros anos a equipa do programa escollía a música, ata que a súa selecta audiencia separouse do criterio "radiofórmula")

A radio tiña mais presenza na miña vida que na dos nenos de hoxe, supoño que igual que eu non entendía que non existira a televisión, hoxe os nenos non entenden como se podía vivir sen internet, sen o móbil (a verdade é que o do móbil ás veces non o entendemos nin nós mesmos) e sen a PlayStation.

Mañá sigo, hoxe é abondo.

21 fevereiro 2006

Lista da compra

Hoxe vou ir ó supermercado. Vou facer unha lista:

-patacas
-tomates
-laranxas
-cervexa
-leite
-pan de molde
-ovos
-revisión médica

Esta podería ser a lista da compra dun ghicho dos EUA.

Ben, non mercaría tomate, senon ketchup, e se cadra mercaba zumes de laranxa.

Pero agora nos supermercados hai clínicas médicas rápidas que están abertas co horario do supermercado, sábados e domingos incluidos.

Por se o troco de médico de cabeceira non vos deixou satisfeitos, douvos dúas suxestións para as vosas futuras doenzas.

20 fevereiro 2006

Isolacionismo

¿Algún sabe o que é o isolacionsimo?

Parecevos mal que vos digan: És un isolacionista sen remedio.

E, ¿sabedes o que é o reintegracionismo?

Iso soavos mais, ¿non si?

Pois o isolacionismo é a teoría, doutrina, ou postura política ou ideolóxica contraria ó reintegracionismo.

Nos anos que levamos de democracia, o tema da língua non foi moi debatido nos medios de comunicación. E cando os escoitas (ós que falan, que outros berran) descobres que nin están tolos nin deixan de ter a súa parte de razón.

Hai pouco estivo na TVG Carlos Figueiras, voceiro do Movimento Defesa da Língua (MDL)
Está ben, cando menos poder escoitalo. Se queredes, premede na fotiño. para o ver en formato .wmv

Xa para os mais afoutados está o portal da AGAL, cunha chea de materiais falando do tema. (Só llo recomendo ós que teñan bastante interese, o contido é denso)

O malo de entrar é que, se cadra, medranvos os cornos e o rabo

19 fevereiro 2006

Unha grande cidade, unha adiviña doada



Novamente, unha cidade.



Dame, que algún acertaría esta ainda sen o querer.



Para o resto tampouco terá moita dificultade.





Cutlas


Por se non o sabedes, o xornal de balde "20 minutos" inclúe histórias de Cutlas. Se as quereder ver podedes premer a que poño aquí ó lado.

Por se algún non o coñece ainda Cutlas está debuxado por Calpurnio Pisón. Comenzou como vaqueiro pero agora vive na cidade.

Paga a pena botarlle, a lo menos, unha ollada.

Avisados quedades.

18 fevereiro 2006

A vaca na corredoira

Esta foto podería ser de calquera corredoira de Galicia, i esa vaca ten moita pinta de galega.

Nembargantes é unha foto do arquipélago das Illas Virxes, tres pequenas illas dos USA ó carón de Cuba, no Caribe.

Se premedes na vaca hai unha ligazón ó flickr de onde saíu dar unha volta.

Alí atoparedes mais fotos destas illas. Moi fermosas, abofé.

Outra cidade


Unha nova adiviña.

Non vai haber mais fotos.

Pistas: 1.-Está nos USA



2.- Á beira dun lago.






3.- Ten un Hall of Fame




4.- Alí está un dos mellores hospitais do mundo de cirurxía cardíaca.


5.-Está ó norte dos USA.

6.- Ten equipo profesional de baseball e de baloncesto.



Agardo as vosas respostas.

17 fevereiro 2006

Mira ti...

Vendo na páxina de Banda deseñada a recomendación do disco de Lamatumbá lembrei que vira un anuncio ou un banner ou algo no vieiros.

Hoxe, buscando outra cousa, enlacei cunha nova sobre o disco e despois á páxina do grupo (que rollo metes Ghanito)

Ben, no grupo vexo unha cara que parece coñecida...

Cousas de ser vello, coido que me podo chamar fan dos KGBen, e ademais como toco (ou toquei) o baixo, non podía deixar de ver que o baixista do grupo era un fenómeno.
Mesmo tocamos unha vez nun concerto de varios grupos con eles (casualmente o organizara eu, claro)

Era o mesmo rapaz, Pedro Feijoo Barreiro.

Descubro duas cousas mais, que ten un estudio de gravación en Vigo chamado Muu! (encántame o nome) e que escribiu un libro: ¡Viva o fú Remol!

Despois de leer a crítica penso mercalo e non o recomendo porque ainda non sei si é bo, pero promete...

Dicían os KGBen: Mañá teño que ir a San Andrés de Teixido
Ainda agora lembroo e danme ganas de bailar.

A verdade, isto é un rollo, pero agora, xa está

16 fevereiro 2006

Armas persoais

Se non tes talento para a enxeñería, e o teu artesán local non fai sabres laser, xa tes solución.

Á venda nos centros comerciais de Galicia:

Distintas versións para que escollas o teu lado da Forza.

A foto non é moi boa, saqueina co teléfono móbil e había un vidro polo medio.

Karaoke

¿
Terá
O
Karaoke
Interese
Oculto
?

Eu, non vexo ningún, pero espero que vós si.

Os xaponeses venlle tal, se non o creedes ollade unha maquina de Karaoke. Non sei como funciona, pero mete medo de grande que é.


E con esta pregunta queda resolta a adiviña. Espero que a desfrutaran e prometo poñer fotos do partido dos Pistons en Kuala Lumpur así que alguén as atope na rede.

Aceptanse suxestións para futuras adiviñas.

Por certo, o da maquina de karaoke saqueino dun texto ó pe da foto, se cadra é calquera outra cousa.
¿Algún de vós se lle ocorre o que podería ser se non?

15 fevereiro 2006

Xogos invernais

Recén entereime de que temos un enviado nos xogos olímpicos de inverno. ¡O Jandrix está aló!
Xa decía eu que non podía estar tanto tempo calado este home.

Desexarlle que o pase moi ben, ainda que non o vexa ata que volte, e que faga unha foto co noso presidente.

Agora xa é moi doado...


Ben, todos ó tempo: a cidade e...

Agora ninguén me vai dicir que poño fotos da rua Marín desta cidade




















Ollade tamén detalles da fontanería da cidade. Non é por vontade de ser escatolóxico, senon para que vexades o sibarita que é esta xente.


Coido que que quedou claro que cidade é, así que podo revelar algunhas das páxinas persoais de flickr onde collin as fotos que utilicei para esta adiviña.
http://www.flickr.com/photos/moojie/
http://www.flickr.com/photos/mattk/
http://www.flickr.com/photos/tkpo/
http://www.flickr.com/photos/notassh013/
http://www.flickr.com/photos/raccoflickr/
http://www.flickr.com/photos/shu1/

14 fevereiro 2006

Dispidida

Hoxe chégame por correo este texto. Supoño que o amigo que o mandou non sabía de onde saira, coido que non lee VIEIROS.
Non puxera esta ligazón antes supoñendo que xa o teríades visto pero paga a pena, así que aí o deixo.
Ten menos interese para os que non vivides en PacoLand, pero..."La Curuña bien vale una misa".
Cando a Sra. Perli Porro deixe o Concello tamén haberá que dar conta.

No tema da cidade, vexo moi pouca seriedade, dicir que eu minto...
Se non fai falla...

Non, non é Seul. (moi bo intento, e xa tendes unha pista de coña)

Non, non é Paris. Paris, Texas non foi cidade olimpica. Nin Athens, Georgia.

E, insisto, se cadra algún quedou marabillado cando os Detroit Pistons fixeron unha xira por Asia e xogaron en Kuala Lumpur, pero neste caso non se trata da cidade.

Mañá, se autoridade non o impide, e o servidor do Blogger non falla, deixarei fotos moi claras que farán que todos acertedes. Así que... Hoxe é a derradeira oportunidade para acertar.

Patricia, ¡que magoa! i eu a pensar que lías o blog. :(

Grazas ós que si o seguides. :)

Por certo, non é Sidney, xa me esquecía.

13 fevereiro 2006

Mais pistas, pero sen foto (ainda)

Agardando pola resposta de Patricia á adiviña da cidade, deixarei novas pistas.

Unha: Non é unha cidade europea.

E outra ainda mellor: É unha cidade olímpica.

Tiña pensado deixar unhas fotos, pero non vai ven o servidor do blogger.

Quedan para outra volta.

A ver se vos animades a dicir cidades.

Por certo non é Bagdad nin Kuala Lumpur (non foron ainda sé das olimpiadas)

12 fevereiro 2006

Se a miña aboa tivera rodas sería...

Este e outros sinais de perigo podedes atopalos se premedes na mesma fotografía da vacamóbil.

E xa sabedes...

Tende coidado aí fora.

11 fevereiro 2006

Xa está a chegar


Logo teremos aquí a adaptación ó cine de V de Vendetta de Alan Moore.

No intermedio da SuperBowl puxeron este anuncio


Algún lembrará que Turuto, o Rafa e mais eu disfrazámonos ¡hai xa 15 anos! de esta personaxe.

Non teño fotos, se me lembro percurarei algunha para escaneala.

Carta de queixa

Hai dúas semáns tivemos unha cea na nosa casa, aqui en A Coruña e convidamos algúns amigos.

Uns deles, que esta semán forón pais (noraboa Martín e Cris, e benvido Álvaro) comentaron que botaran nos buzós do seu edificio unha carta de queixa.

Onte, fun coñecer a Álvaro e vin a carta cos meus ollos ¡era certo!.

Ainda non teño escaner, vouno ter logo, pero ainda non, así que fíxenlle unha foto co móbil. Como non tiña moi boa calidade, copieina para que se puidera leer con comodidade.


A carta é a seguinte (AVISO, A CARTA TEN UNHA LINGUAXE NON APTA PARA TÓDO-LOS PÚBLICOS, non é coña):

Queridos vecinos del número tal de la calle cual:

Deben ustedes saber que en su bloque en el primero A, se ejerce la prostitución, yo mismo fui cliente de ese antro, y lo que ven ustedes por detrás de esta carilla es una carta que le escribí al “dueño” al quedar yo muy insatisfecho con los servicios prestados

Que tengan un buen día

:)))))))))

____________________________________________________________

Querido proxeneta:

A ver si te suena este anuncio

Travesti sindy guapísima 18 años 20 cm, activa-pasiva, complaciente, cariñosa. Hazme el amor apasionadamente. 645.571.679

Estuve ahí y pagué 100 euros para follármela, para darle por el culo, y la persona esta de complaciente no tiene nada, me dijo que no estaba bastante empalmado y que su culo era muy estrecho al final lo único que me dejó hacer es hacerme una paja mientras le tocaba la polla. Y te aseguro que no me gasto 100 euros para hacerme una paja, en casa las tengo gratis.

Por otro lado me trató mal, fue maleducada conmigo y me amenazó. Y te aseguro que no me gusta que me amenacen. Te lo aseguro que no.

Abajo hay un correo electrónico, úsalo y ponte en contacto conmigo, a ver si podemos solucionar esto por las buenas y me vas a devolver la pasta porque me siento estafado y yo no tengo la pasta para tirarla y te aseguro que no tengo cara de tonto, yo no pago 100 euros para que no me de su culo y se ponga más borde que dios. Tienes 3 días, si no recibo un correo tuyo buscaré otra forma de tocarte las narices, y créeme que puedo tocártelas. Recuerda que se dónde vives y créeme cuando te digo que puedo mandarte a es piso algún que otro funcionario del estado. Pero bueno, me gustaría resolver esto por las buenas si es posible

:)))))

estoymuycabreado@hotmail.com

3 días ni un segundo más o yo me pondré en marcha

Garántovos que a carta era tal cual a copiei.

Non ten moito estilo, pero amosa un certo grado de educación e incluso apostaría que non é de alguen moi vello, entre outros detalles polo do correo electrónico. Non probei a madar nada a esa dirección. Se vós queredes...

Tampouco probei co número de móbil.


O único que non entendo moi ben é qué quere dicir con eses dous puntos e parenteses ó final de cada un dos dous escritos, porque supoño que non estará a rir, ¿non si?

Respostando as criticas, mais fotos

Algún dixo que as fotos que eu puña da cidade eran como a rua Marín (de Vigo).
Ben, para calar esas bocas, hoxe vai ración multiple:


Moitas grazas ós meus amigos John e Doe por posar xentilmente nesta rua da cidade. Verémolos outra vez se non adiviñades onde están. (só cidade, non pido rua)

10 fevereiro 2006

Rematou

Está mañá entrei no traballo e vin no chan a portada de "La Coz" ollei para o calendario e pensei: ¿Pero hoxe é o día dos inocentes? e vin que non. Hoxe é 10 de febreiro. A nova da primeira paxina era que PACO VÁZQUEZ marcha de embaixador ante o Vaticano.

Dende o primeiro momento tiven claro o único comentario posible a esta nova, é só unha verba e penso que o propio Paco podería asinala:





A M É N





Ollo, que non dixen descanse en paz, dixen só Amén.

Mais abofé que vai descansar, porque moito choio...

No Vaticano...

Non sei eu...

Engadido "a posteriori"

Paga a pena ver as opinións de todos estes "coruñeses ilustres". Teñen nalgúns intres bastante de surrealista. Francamente a propia nova é o mais surrealista, por abraiante.

09 fevereiro 2006

Imos no bo camiño.

Gústanme as aportacións que ides facendo. Non dades unha, pero gústanme. Foi boa idea desaterrar as adiviñas.
Encántame o alcume de Martiña dos Vilas People, non tiña nada contra o de tesorino, pero este é do mellor.
Deixovos unha nova foto enxebre´s (Nós dende fora de Nós mesmos), e fago unha suxestión: entrade na páxina de ASF para ver o 2º concurso de fotografía anecdótica (Nós vistos por nós mesmos pero de reollo).


No rotulo pon que a tetilla é un queixo de Galicia, a rexión mais ó noroeste de España, feito de leite enteiro de vaca pasterizado. E despois describe o sabor. Di tamén que é bo para fundir, (se entendín ben, que case non se lee abaixo de todo).
Mellor a nosa tetilla que estoutra.

Xa para rematar deixo unha nova foto da cidade e unha pista de verdade:

Non está en España.

A adiviña pecharase cando alguén a acerte ou cando estea canso de agardar por vós.

Tentarei resistir ata o primeiro post de Patri. Non sei se lle chegará que a convide públicamente ou quererá unha notificación por carta. Dito queda: Agardo por ti.

08 fevereiro 2006

A cidade

Os vellos costumes, se son bos, non hai que abandonalos.

Asi que, ¡unha adiviña!

¿Cal é o nome desta cidade da fotografía?


Pista 1.- Non está en Galicia.
Pista 2.- É unha grande cidade.

Vale... se non acertades xa darei pistas de verdade.

Agardo as vosas respostas.

A merda ocorre

Gustame esta tira de la mierda ocurre, podedes ver que teño unha ligazón no costado. Empecei polo medio, tirando ós mais recentes cando a descubrín. Despois fun ata o comezo e lín todas na súa orde cronolóxica.

Empeza amodo, pero axiña colle o xeito, e ós poucos aparecen algunhas persoaxes secundarias que lle dan vida ás tiras. Encantame o seu Xesúcristo (moi seductor en tanga). Non está ó nivel de Calvin & Hobbes (nin pesa tanto polo de agora, ¿non si Melo?) pero ás veces está ben. Deixovos unha das últimas, que non é cómica pero gustoume.

Fotos enxebres

¿Lembrades hai uns anos cando a xente do noso entorno descubriu o xenitivo saxón?

Que bonitos rotulos Manolo´s, Purita´s...Chave´s, Tenni´s (¡que bonito!)

Ben, pois este artigo debía terse titulado enxebre´s fotos.

Apetecíame voltar á nosa terra, pero mellor dende os ollos dun guiri...

Aquí tendes fotos deste verán pasado, na provincia de Pontevedra maiormente.

Moi boas as fotos das atraccións da festa, e o comentario das "cadeas".

Poñovos aquí a traición automática ó castelán do comentario que fai o ghicho sobre as "cadeas":


"Éste era un uno los paseos del oscilación del festival... Me dieron una sacudida eléctrica en la manera que el operador del paseo estaría parado en el centro y que haría girar a cabritos alrededor mientras que viajaron alrededor. ¡Habría intentado el paseo, pero era mucho a asustado del hombre que hacía girar loco!!!"

Como vos podedes imaxinar, o que quería dicir, resumindo, era que o arrepiaba o feirante no medio da atracción dandolle voltas os rapaces, e que non montou porque lle daba medo.


Pero neste blog debemos lembrar a derradeira (last but not least) das fotos:

Smoked leg of pig











XAMÓN FOREVER!

Editado con posterioridade:

Teño que engadir o que, con moito acerto, lémbrame a miña muller:
Para que o feirante dera voltas seguido ás cadeas o teu pai tiña que lle pagar vinte pesos.
¡Non fallaba!

07 fevereiro 2006

Bendito retoque.

Despois dun artigo denso, un lixeiro, con coña barata incluida.

Aquí vai a ligazón á páxina de Luis Bendito, un ghicho que fai, entre outras cousas, retoque dixital.

Vede aquí un anuncio creado por este home:


E non digo "creado" por dicir algo, porque ollade as imaxes orixinais que utilizou:



Se vos interesa, na sua páxina atoparedes éste e mais exemplos.


 
ecoestadistica.com