Xa me esquecía de vos contar o que pasou na noitevella.
Comenzou ben a cousa na cea, moi boa.
Despois fomos a un novo sitio que hai por aquí a ver que tal...
Contabamos con sermos dez ou quínce e ó final fomos seis ou sete.
Contabamos con cen ou cento cincuenta persoas na festa e estabamos pouco mais de trinta.
Contabamos ca típica música merdenta e pachangueira de fin de ano (ese Georgie Dann, ese Boney M, grandes clásicos de sempre) e apareceu un dillei calvo cheo de tatuaxes.
Contabamos cunha festa chea de xente bébeda e atopamos unha festa chea de xente enfariñada. (Parecía que os únicos pailáns que íamos ó baño a mexar eramos nos)
Cando xa ó fin marchamos (e iso que apoquináramos 40€ para beber toda a noite, pero aquilo non se podía aturar mais) fomos no coche de Jesús.
Jesús é un rapaz moi simpático que non coñecedes, aquel día levaba bastantes copas. De feito, eu diría que debía ter unha impregnación alcoholica no alento de 0,60 ou 0,61. E, por se fora pouco, decidíu saltar un semáforo.
Non pasaría nada, porque o fixo amodo e vendo ós que viñan, pero claro, tanto mirar os lados
non veu no retrovisor un coche cun rotulo que decía
entón, eles que si o viran, encenderon unhas luces porque xa se decataran de que el non os vira a eles.
Despois dun ratiño de colegeo agardando pola furgoneta que fai o control de alcoholemia confirmouse o que xa eu sospeitaba. Nada, 0,61. Ainda non sabemos de canto vai ser a receita, pero polo que poida vir xa foi anotando numeros do teletaxi, que parece que lle vai facer falla.
O que foi gracioso é que eu tamén soplei para poder levarlle o coche e que non llo levara a grua.
Ceara con viño, tomara un chupito de Whisky (Chivas Royal Salute 21 anos) e catro gin tonic e dei 0,23. Non sei si é que trasego moito, que o mexara todo ou que estaba tan bebedo que non contei ben o que bebía.
A noite rematou cedo. Non o pasamos moi ben, espero que vos sí que o pasarades ben lendo isto (que menudo rollo foi)